MASC – Medios adecuados de solución de controversias da Avogacía Galega

Resolva as controversias sen necesidade de acudir a un litixio

Solucións dixitais do Consello da Avogacía Galega para facilitar a negociación, a comunicación e a formalización de acordos.

Seguridade

|

Trazabilidade

|

Confidencialidade

|

Certificación

|

Validez xurídica

Atope o servizo que necesita

Seleccione a opción que mellor se adapte ao seu caso

1. Oferta Vinculante Confidencial

Realice unha oferta formal e confidencial á outra parte con todas as garantías de trazabilidade e certificación.


Taxa administrativa: 10 €

2. Invitación a negociar

Inicie formalmente un proceso de negociación coa outra parte mediante unha comunicación certificada.


Taxa administrativa: 10 €

3. Sala de sinaturas

Envíe documentos á outra parte para a súa sinatura con garantías de seguridade e trazabilidade.


Taxa administrativa: 10 €

Un proceso sinxelo e con todas as garantías

1. Elixa o servizo

Seleccione o servizo que precisa e consulte as súas condicións.

2. Realice o pagamento

Complete o pagamento da taxa administrativa de 10 € (non suxeita a IVE) a través da pasarela habilitada na web.

3. Reciba o acceso

Despois do pagamento, recibirá no seu correo electrónico unha ligazón única para acceder ao formulario de solicitude.

4. Complete a solicitude

Acceda ao formulario, introduza a información necesaria, achegue a documentación requirida e remítao.

5. MASC tramita a solicitude

O Consello da Avogacía Galega recibe a súa solicitude e procede á súa tramitación mediante o sistema habilitado e certificado.

Un servizo da Avogacía Galega con plenas garantías

Seguridade
e protección de datos

Trazabilidade
de todo o proceso

Confidencialidade
das comunicacións

Certificación
e selado de tempo

Validez xurídica
das actuacións

Preguntas frecuentes

Resolva as súas dúbidas sobre os servizos MASC, o seu funcionamento e as súas garantías.

Quen pode utilizar os servizos?

Os tres servizos están dirixidos exclusivamente a profesionais da avogacía.

Canto custa cada servizo?

Cada servizo custa 10 euros, en concepto de taxa administrativa non suxeita a IVE. O pagamento faise pola pasarela da web antes de cubrir o formulario.

Que diferenzas hai entre os servizos?
  • Oferta Vinculante Confidencial. Permite formular unha proposta concreta de solución do conflito, que vincula ao oferente. O seu contido manténse reservado ata que se cumpren as condicións de revelación previstas. A parte receptora pode aceptala, rexeitala ou formular unha contraoferta.
  • Invitación a negociar. Permite realizar unha proposta formal de negociación entre profesionais da avogacía, sen iniciar unha mediación nin formular unha oferta vinculante. Serve para deixar constancia dun intento formal de resolución extraxudicial do conflito, de acordo coa Lei orgánica 1/2025. O formulario non é confidencial, pero os documentos anexos si.
  • Sala de sinaturas. Permite remitir á outra parte un documento para a súa sinatura, con acreditación do envío, da posta a disposición e do acceso.
Que ocorre despois de realizar a solicitude?

Tras o pagamento, a persoa usuaria recibe por correo electrónico unha ligazón única para cubrir e enviar o formulario. O Consello da Avogacía Galega recibe a solicitude e tramítaa do seguinte xeito:

  • Oferta Vinculante Confidencial. O sistema certifica a presentación da oferta con selado de tempo e comunica á parte contraria a existencia da oferta. O procedemento remata coa aceptación dunha oferta, que dá lugar a un acordo vinculante, ou coa constatación de que non é posible o acordo.
  • Invitación a negociar. O Consello notifica electronicamente a invitación ao profesional destinatario. A notificación enténdese rexeitada se non se accede a ela no prazo de 10 días naturais. Se transcorren 30 días naturais desde a recepción sen un primeiro contacto nin resposta por escrito, enténdese que a tentativa de negociación non prosperou.
  • Sala de sinaturas. O Consello envía o documento ao destinatario a través da plataforma certificada e deixa constancia da posta a disposición e dos efectos da notificación.
Que tipo de certificación se obtén?

Os tres servizos incluún certificación administrativa do Consello da Avogacía Galega, con selado de tempo cualificado conforme ao Regulamento eIDAS e Código de Verificación Electrónica (CVE). A certificación pode incorporarse a expedientes xudiciais ou extraxudiciais. O seu contido depende do servizo:

  • Oferta Vinculante Confidencial. Acredita a presentación da oferta e o seu selado de tempo.
  • Invitación a negociar. Acredita o intento de negociación, con valor probatorio ante os tribunais.
  • Sala de sinaturas. Acredita a comunicación, a posta a disposición e o acceso ao documento.

Na Oferta Vinculante Confidencial e na Invitación a negociar, se se chega a un acordo, o documento pode asinarse en liña con sinatura electrónica certificada.