
Sala de sinaturas
Formulario para solicitar o envío de documentos a través da sala de sinaturas. O prezo do servizo será de 10 €. Inclúe:
- Envío de solicitude certificada administrativa con resguardo e selado de tempo.
- Certificación administrativa.
- Trazabilidade de todo o proceso.
- Código de Verificación Electrónica: o CVE é un conxunto de caracteres que permiten identificar de forma única calquera documento.
SALA DE SINATURAS
Este servizo está dirixido exclusivamente a profesionais da avogacía.
SOLICITUDE DO SERVIZO
A continuación indícase o procedemento para a solicitude do servizo de Sala de Sinaturas:
- Premer no botón “Solicitar servizo”.
- Realizar o pagamento da taxa administrativa de 10 euros (21% IVE incluído) a través da pasarela habilitada na páxina web.
- Despois do pagamento, o usuario recibirá no seu enderezo electrónico unha mensaxe cunha ligazón para cubrir o formulario de solicitude. Esta ligazón é única para cada pagamento realizado.
- Premer no botón “Acceder” da mensaxe recibida e identificarse mediante certificado electrónico. O DNI asociado ao certificado deberá coincidir co indicado no formulario de pagamento.
- Cubrir o formulario de solicitude en liña, envialo e asinar electronicamente o documento xerado para completar o proceso.
A solicitude só quedará completada unha vez asinado o documento e recibida a confirmación correspondente. A partir dese momento, o Consello da Avogacía Galega recibiraa para a súa tramitación.
PRESENTACIÓN
A Sala de Sinaturas é un servizo destinado aos profesionais da avogacía que precisen remitir a outra parte un documento para a súa sinatura garantindo a trazabilidade, seguridade e acreditación da comunicación. Este servizo facilita o desenvolvemento da actividade negociadora contemplada na Lei Orgánica 1/2025, ofrecendo un medio seguro e ordenado para a formalización de acordos extraxudiciais con validez xurídica. A plataforma proporciona un espazo electrónico certificado no que o Consello actúa como terceiro de confianza: recibe o documento, o envía ao destinatario e acredita a súa posta a disposición, preservando a confidencialidade e integridade durante todo o proceso.
CARACTERÍSTICAS E PRINCIPIOS DO SERVIZO
O Servizo da Sala de Sinaturas fundaméntase nos seguintes principios:
- Seguridade xurídica: remisión do documento mediante sistema de notificación electrónica que garante a validez da comunicación.
- Trazabilidade completa: acreditación dos momentos de envío, posta a disposición e acceso polo/a destinatario/a.
- Confidencialidade reforzada: protección do contido do documento e das comunicacións asociadas conforme á normativa de protección de datos e ao deber profesional de confidencialidade.
- Profesionalidade: servizo reservado en exclusiva aos profesionais da avogacía, rexido pola normativa deontolóxica.
- Integridade documental: o sistema certifica que o documento remitido non sofre modificacións durante a súa tramitación.
- Axilidade: presentación sinxela mediante formulario e tramitación inmediata por parte do Consello.
FUNCIONAMENTO DO SERVIZO
O procedemento da Sala de Sinaturas desenvólvese en tres pasos:
- Remisión da solicitude: o/a avogado/a cubre o formulario, identifica o documento que desexa enviar e achega o PDF correspondente.
- Envío seguro ao/á destinatario/a: o Consello envía a comunicación mediante a plataforma certificada, garantindo a posta a disposición do documento e deixando constancia dos efectos da notificación.
- Acreditación: o Consello poderá emitir certificación acreditativa da comunicación así como da posta a disposición e acceso.
VANTAXES DO SERVIZO
- Comunicación certificada: garante a constancia xurídica da remisión e da posta a disposición do documento.
- Seguridade técnica: sistema con protocolos avanzados de ciberseguridade e selado temporal.
- Eficiencia: simplifica o intercambio documental e evita desprazamentos ou remisións postais.
- Valor probatorio: a certificación emitida polo Consello pode incorporarse a expedientes xudiciais ou extraxudiciais.
- Integración cos MASC: facilita a formalización de acordos alcanzados na negociación.
GARANTÍAS INSTITUCIONAIS
O servizo ofrece as seguintes garantías:
- Intervención como terceiro de confianza.
- Selado temporal cualificado conforme ao Regulamento eIDAS.
- Confidencialidade e protección de datos reforzada.
- Cumprimento estrito das normas de deontoloxía profesional.
INFORMACIÓN DE CONTACTO
Para máis información sobre a Sala de Sinaturas pode contactar co Consello da Avogacía Galega: Rúa Federico Tapia, 11, 1ºA, 15005 A Coruña – 981 12 08 84 – https://avogacia.gal/