
Servizo de medios adecuados de solución de controversias da avogacia galega
Os colexios da avogacia de Galicia ofrecen a posibilidade de resolver as controversias sen necesidade de acudir a un litixio.
A solicitude envíase ao Colexio da Avogacía que corresponda, onde se tramitara o proceso de forma segura, confidencial e economicamente asequible
Catálogo de MASC dispoñibles
Mediación
Facilitamos o diálogo para que resolvas o conflicto, e tamén para que evites conflitos futuros.

Conciliación privada
Facilitamos un terceiro imparcial que che axuda a construír un acordo eficaz e inmediato.

Oferta Vinculante Confidencial
Un espazo seguro onde formular a túa proposta confidencial e recibir resposta con validez garantida.
